7/3/14

A TECNOLOXÍA FAI MEDRAR A APRENDIZAXE




A globalización ten unha das súas manifestacións máis relevantes nas denominadas Tecnoloxías da Información e Comunicación, que permiten a adquisición, produción ,almacenamento e tratamento ,comunicación, rexistro e presentación de información, en forma de voz, imaxes e datos contidos en sinais de natureza acústica , óptica ou electromagnética.(INFORMACIÓN MULTIMEDIA).
 A globalización xoga un papel fundamental na relación tecnoloxía-educación xa que grazas a isto podemos aprender de forma interactiva, observar e enterarnos do que está pasando noutros lugares sen estar aí, eliminando barreiras espaciais e temporais.(INTERACTIVIDADE,INSTANTANEIDADE)
A educación tecnolóxica ou ensinanza técnica debe entenderse como unha disciplina dentro do quefacer educativo e tamén unha actividade social centrada no saber facer que, a través do uso racional, organizado , planificado e creativo dos recursos materiais e a información , pretende familiarizar aos estudantes cos coñecementos prácticos, orientados ás necesidades da vida diaria e intenta dar resposta ás necesidades e demandas sociais relativas á produción, distribución e uso de bens , procesos e servizos.
A educación dixital non se refire só ao exercicio decodificador senón tamén a movementos no tema da identidade, das habilidades sociais, cognitivas e disposicións tanto éticas como morais do xove.(CIDADANÍA DIXITAL)

Esta aprendizaxe  que se inicia na escola precisa “unha aprendizaxe permanente” ao longo de toda a vida, como sinala Zabalza , un cambio actitudinal importante nas persoas e unha modificación de políticas nas institucións, especialmente nas educativas  e nos gobernos.
As políticas educativas deberán favorecer sistemas de formación permanente , e deberán atender á igualdade de oportunidades  dos diferentes sectores poboacionais, atendendo aos máis desfavorecidos socialmente.Na situación actual existe a necesidade de facilitar o acceso a Internet a toda a poboación, independentemente  do seu xénero e situación económica, por iso , resulta especialmente importante que dentro dos sistemas educativos públicos se posibilite tanto a aprendizaxe, como a formación , “en” e “con” as Tecnoloxías da Información e Comunicación. Como quería o pedagogo francés Celestin Freinet, educación en e con TICS ten que adaptar os instrumentos e técnicas do contorno cotián e actuar con /sobre eles de maneira produtiva, formativa e crítica.
En conclusión, as novas tecnoloxías crean novas linguaxes ,formas de representación e permiten crear novos escenarios de aprendizaxe, por iso hai que conseguir canto antes que na educación escolar os ordenadores sexan tan normais e “invisibles” como a pizarra ou os libros, para que o uso non sexa un fenómeno excepcional, senón unha actividade cotiá na vida académica dos centros educativos.
Bibliografía: Páxinas web


Ø  FERNÁNDEZ MUÑOZ, RICARDO (1998): Las nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Análisis de una experiencia en la escuela universitaria de Magisterio de Toledo.
Ø  FERNÁNDEZ PRIETO, MANUEL SANTIAGO (2001) : La aplicación de las nuevas tecnologías en la educación.
Ø  FUENTES ZURITA, MARÍA CRISTINA (2007): El problema de la educación en relación con las nuevas tecnologías.
Ø   GARCÍA-VALCÁRCEL MUÑOZ-REPISO, ANA (2009), Educación y Tecnología-Universidad de Salamanca.
Ø   HUERGO, JORGE(2007), Los medios y tecnologías en educación.