A globalización ten unha das súas
manifestacións máis relevantes nas denominadas Tecnoloxías da Información e Comunicación, que permiten a
adquisición, produción ,almacenamento e tratamento ,comunicación, rexistro e
presentación de información, en forma de voz, imaxes e datos contidos en sinais
de natureza acústica , óptica ou electromagnética.(INFORMACIÓN MULTIMEDIA).
A globalización xoga un papel fundamental na
relación tecnoloxía-educación xa que grazas a isto podemos aprender de forma interactiva,
observar e enterarnos do que está pasando noutros lugares sen estar aí, eliminando
barreiras espaciais e temporais.(INTERACTIVIDADE,INSTANTANEIDADE)
A educación tecnolóxica ou
ensinanza técnica debe entenderse como unha disciplina dentro do quefacer educativo e
tamén unha actividade social centrada no saber facer que, a través do uso racional, organizado , planificado e creativo
dos recursos materiais e a información , pretende familiarizar aos estudantes
cos coñecementos prácticos, orientados ás necesidades da vida diaria e intenta
dar resposta ás necesidades e demandas sociais relativas á produción,
distribución e uso de bens , procesos e servizos.
A educación dixital non se
refire só ao exercicio decodificador senón tamén a movementos no tema da
identidade, das habilidades sociais, cognitivas e disposicións tanto éticas
como morais do xove.(CIDADANÍA DIXITAL)
Esta aprendizaxe que se inicia na escola precisa “unha aprendizaxe permanente”
ao longo de toda a vida, como sinala Zabalza , un cambio actitudinal importante nas persoas e unha
modificación de políticas
nas institucións, especialmente nas educativas e nos gobernos.
As políticas
educativas deberán favorecer sistemas de formación permanente , e deberán
atender á igualdade de oportunidades dos
diferentes sectores poboacionais, atendendo aos máis desfavorecidos
socialmente.Na situación actual existe a necesidade de facilitar o acceso a
Internet a toda a poboación, independentemente
do seu xénero e situación económica, por iso , resulta especialmente
importante que dentro dos
sistemas educativos públicos se posibilite tanto a aprendizaxe, como a
formación , “en” e “con” as Tecnoloxías da Información e Comunicación. Como
quería o pedagogo francés Celestin Freinet, educación en e con TICS ten que
adaptar os instrumentos e técnicas do contorno cotián e actuar con /sobre eles
de maneira produtiva, formativa e crítica.
En conclusión,
as novas tecnoloxías crean
novas linguaxes ,formas de representación e permiten crear novos escenarios de
aprendizaxe, por iso hai que conseguir canto antes que na educación
escolar os ordenadores sexan tan normais e “invisibles” como a pizarra ou os
libros, para que o uso non sexa un fenómeno excepcional, senón unha actividade
cotiá na vida académica dos centros educativos.
Bibliografía: Páxinas web
Bibliografía: Páxinas web
Ø FERNÁNDEZ PRIETO, MANUEL SANTIAGO (2001) : La aplicación de las nuevas
tecnologías en la educación.
Ø FUENTES ZURITA, MARÍA CRISTINA (2007): El
problema de la educación en relación con las nuevas tecnologías.
Ø GARCÍA-VALCÁRCEL
MUÑOZ-REPISO, ANA (2009), Educación y Tecnología-Universidad de Salamanca.
Ø MORALES, ALICIA (2007),Las nuevas tecnologías en laeducación.Monografías.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario